6/05/2014

4 cousas sobre as medidas do BCE

1. Os resultados das eleccións europeas en Francia e Grecia (e se cadra tamén no Estado Español) indicaron que a situacion non daba para máis.
2. Durante todos estes anos de "crise", as elites conseguiron esmagar economicamente ás clases traballadoras, roubarlles dereitos, mudar leis e constitucións, privatizar sectores da economía e ir cara un modelo de sociedade máis represivo e inxusto. Neste sentido, que conseguisen agardar até agora para implementar estas medidas é todo un éxito para os intereses do capital financeiro (salvo que os procesos políticos xa iniciados en diferentes estados resulten incontrolables).
3. A economía real está medio morta, tentan revivila, pero a banca privada seguirá a ser a gran beneficiada.
4. Financiar directamente aos estados dende o BCE, algo que non se contempla neste paquete de medidas, implicaría unha maior integración fiscal e política da zona euro. Ese sigue a ser o tabú para Alemaña. Se o actual plan do BCE trunfa, saíran do paso, pero nós permaneceremos sen os nosos dereitos, con peores condicións laborais e sociais e baixo a bota dunha institución que seguiremos sen controlar democraticamente.

Sem comentários: