Pareceume moi acertada Gabriela Cañas no artigo titulado De trapos e siliconas publicado onte por El País. A autora daba no cravo ao cuestionar a capacidade das autoridades do autoproclamado Occidente para definiren que é iso da dignidade da muller. E malia que ao editorialista dese xornal poida que non lle preste saber que un artigo publicado nas súas páxinas é útil para criticar a presenza de tropas españolas en Afganistán (especialmente pertinente hoxe que dous soldados do exército español e un intérprete morreron naquel país) o artigo de Gabriela Cañas ofrece un valioso argumento para desmontar a falsa polémica do burka á que tan obscenamente se recorre para xustificar aquela invasión e guerra —toda vez que o conto de que Bin Laden está en Afganistán xa non o cre nin o máis seareiro.
A tese que defende Cañas é que tanto no caso da interpretación fundamentalista do Corán coma no caso das hedonistas sociedades occidentais «o denominador común [...] é o corpo da muller como obxecto de desexo masculino que debe ser ocultado aos demais ou, polo contrario, exhibido como tal para deleite do gusto varonil». Cando EEUU (e aliados) invade Afganistán por cuestións xeopolíticas puras e duras —especialmente pola necesidade de controlar materias primas e fontes enerxéticas— parece non ser casual que escolla como argumento para "vender" a guerra en Occidente a cuestión do burka (algo que sendo un problema, non deixa de ser, nun país coma aquel, un problema entre miles doutros problemas máis), e non é casual porque no mesmo seo de Occidente o corpo da muller tamén é problemático. Se as sociedades Occidentais "compran" tan alegremente a mercadoría do burka afgano é porque en Occidente tamén existe a concepción do corpo da muller en tanto que problema, só que esta problematización maniféstase de maneira invertida. Cando Europa aínda non era unha sociedade secularizada a problematización do corpo da muller tiña lugar do mesmo xeito que hoxe ten lugar en Afganistán: ocultando e controlando o corpo (de feito, as monxas non deixan de seren un vestixio agonizante daquela época). Pero na Europa (e EEUU) de hoxe, en que ese control xa non se pode exercer pola vía da ocultación, exércese pola vía da conversión do corpo da muller en espectáculo, de aí a énfase na beleza feminina (cuxa máis acabada e esperpéntica substanciación son os concursos de Misses), e de aí tamén que Cañas denuncie que na TV e no cinema apenas haxa mulleres maiores; é dicir, apenas hai mulleres que expoñan o corpo tal cal é: imperfecto e perecedoiro. E é que se houbese que resumir o argumento de Cañas nunha soa frase, ben podería ser esta: tan degradante é o burka para a muller musulmá como toda a presión social que sofre o corpo da muller occidental na súa propia sociedade.
Se ben eu son o primeiro en soster que cando a esquerda abandona a loita económica pola loita cultural, é dicir, cando abandona un discurso que cuestiona as inxustizas do sistema económico no seu conxunto para se centrar exclusivamente en cuestións como a loita das mulleres, homosexuais, memoria histórica, etc., está a pórlle as cousas fáciles aos que mandan, non estou pretendendo dicir que esas loitas culturais non sexan lexítimas e necesarias. As loitas, sexan cales sexan, nunca se dan dunha vez para sempre. As conquistas dun momento histórico poden perderse. A sociedade pode retroceder no que avanzara. Por iso non se pode renunciar nunca á actualización de cada dereito acadado. De feito, o que tamén está a dicir Cañas (e eu comparto) é que é posible percibir no revival de tacóns e vestidiños que locen actualmente as rapazas máis novas un retroceso da conciencia feminista nesas mesmas rapazas (ou como escribe a propia autora: «o feminismo clásico non ten o glamour que esixen os tempos. Clamar contra as diferenzas salariais ou a trata de mulleres é coma pedir a fin da fame no mundo; carece de atractivo para os medios de masas»). E é que malia que ás adolescentes se lles esixa que «estuden como leoas» (agora que a muller pode estudar), no actual mundo rexido polo glamour, estáselles volvendo esixir, cada vez máis, que «vistan como panteiras» (ou, na versión lolita importada da cultura xaponesa, en edulcoradas bonequiñas de feminidade hipertrofiada e ridícula); é dicir, que se segue a fomentar a visión da muller como obxecto sexual do home. En definitiva, cando un se propón tirar algunha conclusión práctica da contradición loita cultural/ loita económica sempre acaba desembocando nalgo ben pouco orixinal: se na súa estrutura o sistema económico se basea na degradación duns seres humanos por outros, está na súa lóxica que esta degradación tamén se reflicta na superestrutura cultural. Combinar ambos aspectos, priorizando, cando sexa imprescinble, un ou outro segundo cada caso concreto, parece ser o único camiño transitable.
En canto á polémica do burka no interior da propia sociedade europea, dicir que esta é coherente coa súa aplicación —vía teoría do choque de civilizacións de Huntington— no exterior da mesma. Trátase, grosso modo, de potenciar os conflitos culturais para ocultar os conflitos económicos. Considero que o artigo de Gabriela Cañas é interesante precisamente porque ispe esa estratexia. Dificilmente poderemos solucionar a marxinación da muller en Afganistán, ou a maxinación das mulleres musulmás europeas, cando aínda non a demos solucionado para as mulleres occidentais. Se nun caso o control se produce mediante o burka noutro dase mediante a ditadura da beleza e da xuventude. O obxectivo final desta pseudopolémica do burka (e similares) é dupla: fóra, actuar como xustificante moral de invasións imperialistas a países ricos en recursos enerxéticos; dentro, servir para polarizar ás opinións públicas occidentais arredor de temas culturais e non arredor de cuestións económicas, ademais de contribuír a separar ás clases traballadoras autóctonas das inmigrantes, algo, por certo, no que tanto Sarkozy coma Berlusconi son expertos, por iso Francia está á vangarda na polémica do burka e na creación de novas polémicas culturais coma a dos xitanos romaneses e por iso Berlusconi sorrí encantado —máis se cabe cando a crise económica axexa— ante o respaldo que supoñen as ocorrencias do presidente galo á súa maneira fascistoide de facer política.

2 comentários:
"Dificilmente poderemos solucionar a marxinación da muller en Afganistán, ou a maxinación das mulleres musulmás europeas, cando aínda non a demos solucionado para as mulleres occidentais"
Poderemos? Ninguén escapa ao prexuizo orientalista.
"é dicir, que se segue a fomentar a visión da muller como obxecto sexual do home"
Si, pero cómo explicar a imparable "cosmetización" masculina?
Obviamente o meu "poderemos" era un poderemos que ironiza co "debemos" dos que van a Afganistán a salvar ás mulleres do burka.
O debate da cosmetización masculina tamén mo están a dar no facebook. Por non andar a dúas bandas direi só que ninguén nega a existencia desa cosmetización masculina, pero a maior discriminación da muller segue a ser un feito obxectivo e cuantificable xa que non só se trata dunha tiranía da estética (moito máis tirana que a incipiente tiranía da estética no home) senón tamén dunha maior discriminación económica. Xa sabes o que se di: a pobreza, en todo o mundo, ten cara de muller. De todos os xeitos, está claro que o capitalismo militarista en último lugar tanto asoballa a homes coma a mulleres.
Enviar um comentário