10/12/2009

Razón, emoción e poesía a partir dun libro de Judith Butler



Para Lacan –dinos Judith Butler en El género en disputa. El feminismo y la subversión de la identidad (Paidós, 2007)– o Simbólico (a linguaxe) nace da represión, o que el denomina a “Lei do Pai”, que forza a separación e a distinción entre o corpo do bebé e o corpo da nai; mediante esta separación supérase o estadio prediscursivo no que predomina a pura emoción, a líbido.
Fronte a orde patriarcal do Simbólico, Julia Kristeva contrapuxo –tamén segundo a lectura de Butler– o Semiótico, unha orde de significación previa á separación entre o bebé e a nai. Esta capacidade semiótica non represiva inserida na indistinción libidinal entre o bebé e a nai ten por característico a plurivocidade.
Agora ben, como di Judith Butler en O xénero en disputa:

«Kristeva admite la hipótesis de que la cultura equivale a lo Simbólico, que éste se encuentra completamente imbuído bajo la “Ley del Padre”, y que las únicas formas de actividad no psicótica son las que intervienen hasta cierto punto en lo Simbólico. Así su labor estratégica no es reemplazar lo Simbólico por lo semiótico ni designar lo semiótico como una opción cultural rival, sino más bien reforzar aquellas experiencias de lo Simbólico que posibilitan una revelación de los límites que lo alejan de lo semiótico.»

Para Kristeva tanto o momento do parto, no que a muller volve indistinguirse da nai ao volver ser a nai, como a linguaxe poética, no que a ruptura entre instinto e representación se producen de maneira culturalmente comunicables, son dous mecanismos polos que se evidencian estes límites do Simbólico. Ou, posto de novo en palabras de Butler:

«Para Kristeva, la poesía y la maternidad constituyen prácticas privilegiadas que tienen lugar dentro de la cultura paternamente castigada, las cuales posibilitan una experiencia no psicótica de esa heterogeneidad y dependencia propias del ámbito materno.»

Así, a linguaxe poética, unha linguaxe que a mesma Kristeva xulga como psicótica, precisa da orde simbólica para resultar comunicable. E aquí, entendo eu, está o quid do asunto. O que Lacan denomina o Simbólico –que mutatis mutandis podería ser o mesmo que a Ilustración denominaba a Razón e os gregos o Logos (e alén de si este é un orde patriarcal ou non)– é o único mecanismo dos tres (os outros dous serían a líbido ou emoción e a poesía) que permite desenvolver un punto de encontro, un espazo do obxectivo, do unívoco; un espazo de comunicabilidade (en definitiva un Ágora, por volver coa película de Amenabar) que vaia máis alá do caprichosamente subxectivo que é a poesía e do non-representable que é a emoción.

En oposición a todo o anterior, e por comentar agora o que propón Butler, esta ven dicir que todo é cultural, e cando di todo, quere dicir ou iso entendo eu tamén o que entendemos por patriarcado (o que entendemos por home), o que entendemos por feminismo (o que entendemos por muller), o que entendemos por obxectivo (a ciencia), o que entendemos por comprensión mutua (a comunicación), o que entendemos por bioloxía (o corpo), etc., etc., etc. Naturalmente, este cuestionamento absoluto e esta equiparación de todas as categorías é lícita, o que non acabo de entender é de que vale enunciar este calexón sen saída, esta deconstrucción de todas as posicións de verdade cando, tamén o propio enunciado (neste caso o libro de Butler), estaría escrito desde unha posición de verdade igual de suxeita á continxencia e, polo tanto, ao cuestionamento, mesmo antes de decidir enunciala, que as outras posicións de verdade que critica.

7 comentários:

cossimo disse...

Ui, qué complicado! Non lin ni a Lacan nin a Butler o suficiente como para opinar con coñecemento de causa pero como isto é internet...
Non comparto en absoluto a súa idea de que o logos é sempre o tipo de aproximación á realidade máis obxectivo. Cómo explicar, por exemplo, a impresión causada no espírito pola "inmensidade do mar" dende postulados unicamente racionais?
Non creo que Butler cuestione os fundamentos técnico-científicos que nos permiten a vostede e a min intercambiar estas mensaxes. Eu creo que máis ben pretende facernos ver que detrás de moitos deses actos performativos latexa unha incuestionada estrutura de poder. A construcción socialmente mediada do xénero sería o caso máis evidente pero non o único. En principio, pode parecer descabellado asociar ese carácter unilateral do método científico co autoritarismo patriarcal. Pero só en virtude dunha autoridade autoarrogada podemos considerar como verdadeiro a Newton e como intuitivo ou puramente emocional a Federico García Lorca. Porque, qué sería o amor dende un punto de vista meramente racional?

O Garcia do Outeiro disse...

Dizia Lorca que o matemático e o poeta lhe davam as costas a aquilo que analisava o poeta. A deconstruçom é necessária porque todo cánon deve ser questionado por mui arraigado que esteja. O patriarcado é umha questom cultural e a ciência tamém por muito que hoje se lhe dea a categoria de religiom. Aí está Popper e a sua teoria do cámbio científico que alguns adoitam tam amiúdo "esquecer". Ciência é o Tamiflu, consciência a que lhe falta aos que fabricam um vírus e o apresentam como a vigéssima praga da Apocalipse para lucrar-se a conta de vacinas e mencinhas.

Umha reflexom muito interessante, mágoa que nom conheça bem esses textos para poder-lhe sacar mais jugo.

Umha aperta irmandinha

O Fuco disse...

Eu non penso que o Logos sexa o único modo de aproximación á realidade. A percepción inconsciente e a nosa natureza animal, tamén están aí. Pero si creo que é o único que permite un espazo de comunicación. O discurso do logos, ou da razón, ou como queramos chamalo, está, como todo, imbuído de relacións de poder, diso non hai dúbida. Pero só mediante o discurso da razón é posible decatarse desas relacións de poder. Ademais, só a través da razón podemos compartir realidade.

A deconstrucción, no que ten de cuestionamento, é positiva. Pero hai tamén unha parte negra da deconstrucción: a destrucción do suxeito. Eu non afirmo que a alternativa de Butler ao xénero binario sexa peor ou mellor. Só digo que Butler, como outros pensadores máis ou menos posmodernos, contribúen a substituír un suxeito estable e portador dunha verdade (construída, si, pero construída a escala humana e cos rudimentos da epistemoloxía ilustrada humana), non por un tipo distinto de suxeito cunha verdade alternativa, senón por un suxeito fantasma, polimórfico, de pensamento débil, flexible, adaptable, performable, etc. totalmente acaído para moverse nesta realidade líquida, que diría Bauman, do capitalismo s.XXI.
Iso si, todos estes pensadores enuncian, tamén desde unha posición de suxeito, unha nova verdade sobre a morte da verdade e a morte do suxeito. Aí vexo a contradicción.

Conjura dos Néscios disse...

A meu ver, a contradição enunciada polo Funambulista é evidente. Mas, atenção: enunciando contradições de enunciados é que se repete novamente a contradição. Volvemos ao ponto de dizer que tudo vai parar num espaço sem saída, claustrofóbico. E não é essa a sensação generalizada nas psicogeografias das últimas décadas, justamente após se terem aniquilado os discursos (lógoi) velhos e ter aparecido isso que chamamos de pós-modernidade (a falha de outro nome melhor)?

A via da razão, se levada até as suas consequências últimas -e não há nada que nos impeça de fazê-lo, ou que nos aconselhe não continuar- apenas dá nessa contradição de contradições. Pode até construir-se um edifício inteiro apenas com contradições. Ora, aí o Funambulista diz-nos que apenas desde a razão é que se pode compartir realidade. Logo, achândomos que a razão está igualmente fincada no que há de simbólico, como fazermos referência asséptica à realidade? Não deveremos previamente definir, em sentido estrito, o que é a realidade?

Abraços.

O Fuco disse...

Kant xa se preguntou pola realidade fóra da razón ao someter a crítica os límites da razón. Separaba o noúmeno (a cousa en sí que nunca podemos coñecer) do fenómeno (a cousa para min). É neste plano do fenómeno que sempre nos movemos.

eda disse...

按摩棒電動按摩棒飛機杯自慰套自慰套情趣內衣
角色扮演按摩棒跳蛋情趣跳蛋

G點性感丁字褲吊帶襪丁字褲無線跳蛋

衣蝶
情趣按摩棒
潤滑液SM內衣性感內衣自慰器充氣娃娃AV情趣情趣用品

freefun0616 disse...

酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店經紀,
酒店打工經紀,
制服酒店工作,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
酒店經紀,

,