9/04/2009

A non-guerra afgá


O exército español levaba ben tempo en Afganistán á espera duns bárbaros que non acababan de facer acto de presenza. Pero a diferenza do protagonista d`O deserto dos tártaros de Dino Buzzati (que habería morrer sen ver aos inimigos polos que tanto agardara) ao continxente destinado naquel país para maior gloria da democracia liberal e dos condutos que transportan gas e petroleo desde Asia chegoulle por fin o día de enfrontarse tête à tête a tan temidas hordas. En gloriosa acción, o exército español matou hoxe a trece deles. Ignoramos polo de agora se eran talibáns, delincuentes habituais ou insurxentes, pero si estamos en condicións de afirmar que todos eran homo sapiens afgáns. Case que no mesmo momento, e se cadra como recoñecemento o labor do exército español, a OTAN encargouse de eliminar, mediante a técnica do bombardeo, a noventa e cinco individuos (moi probablemente outros homo sapiens afgáns) que se amoreaban arredor dun camión cisterna para apañar combustible. Os dous sucedidos serán debidamente investigados antes se de esqueceren para sempre.

Se a de Iugoslavia foi, como ben recorda Manuel Vázquez Montalbán en La aznaridad (2003), a primeira das non-guerras que terían lugar no mundo, a de Afganistán semella ser a última. No medio, a apoteose iraquí:


«Aún no hemos visto [dicía Montalbán] los muertos de la guerra del Golfo, aquella guerra que según Baudrillard nunca existió, pero que movilizó a todo el cuerpo de intelectuales orgánicos belicistas que se pasaron días y días tratando de demostrarnos que el ejército iraquí era el cuarto ejército del mundo, muy por encima, desde luego, del suizo y del de Costa Rica. Un peligro.»

As non-guerras, como os non-aniversarios de Alicia no país das marabillas, nin se declaran nin se celebran. Simplemente están aí, todo o tempo que dura a nosa vida, para botarmos man delas cando o estimemos oportuno. Nas non-guerras non hai exércitos, hai continxentes humanitarios destinados a velar aleatoriamente por algún tipo de principio universal traizoado. Así, se no caso da non-guerra dos Balcáns había que liberar aos iugoslavos do etnicismo serbio e na non-guerra do Iraq había que liberar aos iraquís do pérfido Sadam, na non-guerra de Afganistán o «batallón electoral español» (Chacón dixit) seguirá a facer todo o necesario para que aqueles perigosísimos homo sapiens afgáns comprendan dunha vez que ou ben ingresan no paraíso demócrata ou ingresan no inferno.

E aínda que a ministra socialista De la Vega —como os socialistas que gobernaban cando Saraievo era esnaquizado— xustifique a presenza do exército no país asiático dicindo que «España está en Afganistán en una misión de Naciones Unidas, para defender la democracia, los derechos humanos y contribuir a la seguridad del país», eu aínda prefiro —á hora de definirmos o papel de España nos últimos conflitos internacionais— a explicación que espetara o Vázquez Montalbán máis castizo en La aznaridad:

«La contribución española a estas cruzadas se ha parecido a la de los palanganeros en las antiguas casas de putas: poner la palangana para que se limpiara sus partes el señorito.»

3 comentários:

willy disse...

que pasaría se unha forzas conxunta formada por dez ou quince países islámicos invadira por exemplo Italia por considerar que é un foco internacional de crime organizado baixo un goberno populista con simpatías e connivencias coas redes criminais, o fundamentalismo cristiano e os novos fascistas no norde do país?

as relacións internacionais, esa esterqueira...

O Fuco disse...

E se despois das forzas conxuntas de países islámicos bombardear Roma desembarcasen en Italia un feixe de empresas exipcias, sirias ou pakistanís para reconstruír o coliseo e a Piazza di Spagna?

freefun0616 disse...

酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店經紀,
酒店打工經紀,
制服酒店工作,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
酒店經紀,

,