6/19/2009

De santos e multitudes



«El radicalismo —di Michael Walzer en
La revolución de los santos. Estudio sobre los orígenes de la política radical (Katz, 2008)— era la política del exilio, de hombres que no se sentían en casa en la antigua Inglaterra; el calvinismo era la ideología de los exiliados, de hombres que habían abandonado la “madre patria” para enlistarse en el ejército de Cristo. Se trataba, pues, de un ejército capaz de hacer la guerra despiadadamente, porque no sentía nada más que desprecio por el mundo en el que se movía».
Que fose en Zurich —na mesma cidade en que residiu e da que partiu para participar na revolución do 1917 outro exiliado do mundo, outro líder austero e de ética férrea coma Lenin— onde haberían confluír os principais ministros puritanos para comezar a pór patas arriba a Europa da súa época é só unha coincidencia, mais unha coincidencia que redunda na tese de Walzer: ver nos reformadores do século XVI (na praxe e nos discursos daqueles homes que desafiaron á igrexa e aos poderes feudais fundando unha constelación de grupiños e sectas cuxo empuxe habería desembocar na reforma protestante e no calvinismo e que tería o seu colofón político na Revolución inglesa de 1688) unha sorte de bolchevismo avant la lettre ou, por dicilo en palabras do propio autor, velos como os primeiros practicantes da «política radical». Este radicalismo puritano viría conformar, desde unha óptica marxista, o paraugas ideolóxico que parapetou aos de abaixo naquel momento histórico da loita de clases.
Pero se ben Walzer afirma que «el calvinismo no fue una ideología liberal» (isto é, burguesa; pois, retrucando ao Weber d´A ética protestante e o espírito do capitalismo, Walzer cree que «el puritanismo no fue una ideología que alentara la acumulación continua sin límites») e malia afirmar tamén que «los inicios de los Levellers, radicalmente democráticos, estuvieron probablemente en las congregaciones puritanas»; engade, noutras partes do traballo, que «durante la insurrección clerical de las décadas de 1570 y 1580, no hubo lugar —excepto entre los Levellers y las sectas más extremas— donde la clase baja hubiera liderado la acción o hubiera desarrollado nuevas formas políticas», así como que «la típica figura revolucionaria era todavía el magistrado y no el ciudadano; todavía el caballero y no aún el sans-culotte». O cal xustifica aínda máis o vencello entre aqueles carismáticos iluminados e o modelo de partido de vangarda —hoxe en crise— composto polos máis conspicuos e disciplinados militantes propio da esquerda do século XX.

Porén, reivindicando a aqueles grupos máis extremos e máis igualitaristas e recoñecéndolles o que aínda poden achegar ao pensamento político contemporáneo xorde Wu Ming, colectivo ao que coñezo grazas a un artigo —
Espectros de Müntzer al amanecer— publicado na revista Espai en blanc. Wu ming é un grupo político-literario interesado —o mesmo que outros colectivos xa mencionados aquí coma Tiqqun— nas prácticas do anonimato. Nado en Italia, a súa acción máis coñecida foi a de crear un seudónimo —Luther Bisset— baixo o que firmarían un número indefinido de persoas:


«En la primera mitad de los noventa se creó la identidad colectiva “Luther Bisset” y fue adoptada por una red informal de personas (artistas, hackers y activistas) interesadas en utilizar el poder de los mitos y en promover la “contrainformación” agit-prop».


Baixo esta identidade colectiva —unha sorte de antiheterónimo pessoano na que un único nome é adoptado por un feixe de personalidades— un grupo de escritores italianos haberían escribir a novela Q (Luther Bisset, 1999), na que se narra «la guerra de los campesinos [...] la mayor revuelta popular de su tiempo». Unha guerra que «estalló en el corazón del Sagrado Imperio Romano y fue salvajemente reprimida en 1525. [...] La Guerra de los campesinos fue un evento prefigurador, igual que su principal agitador, Thomas Müntzer, fue un carácter prefigurador. Fue literalmente una pre-figuración, porque el orden social que Müntzer y los campesinos revolucionarios imaginaron estaba muy por delante de su época, de hecho está aún por delante de nuestro tiempo y no es todavía más que una alucinación colectiva seguida por explosiones de violencia de masas”. É claro, seguindo esta idea, que os nosos Irmandiños encarnarían, xa que logo, unha pre-figuración da pre-figuración: a do momento en que «os gorrións habían de correr tras os falcóns».
Pero quen era Thomas Müntzer? Un contemporáneo de Lutero —segundo leo na rede— considerado o fundador do Movemento Anabaptista (volvemos, polo tanto, ao mundo de sectas retratado por Walzer) que «em 1515, liderou um grupo de cerca de 8000 camponeses na Batalha de Frankenhausen, convencido que Deus iria intervir do seu lado. Müntzer foi capturado e emprisionado. Sob tortura ele abjurou o protestantismo para não ser queimado, sendo decapitado em 27 de Maio de 1525». Q —novela que se pode descargar da rede tanto en portugués coma en castelán e que, se algunha editorial galega se atrevese ("Tom York de Radiohead xa a leu!" ben podería ser o lema da campaña de marketing), converteríase no texto (tamén calquera dos outros xa editados polo colectivo) que habería conectar os andeis da nosa lingua con estas novidosas prácticas de anonimato creativo— recrea, recorrendo á épica histórica, este episodio singular do longo devir da multitude a loitar pola única liberdade que paga a pena: a que nos dá iguais oportunidades. Unha multitude que en cada época amosa unha face pero que, mesmo neste século XXI hipertecnificado, segue a ser maioritariamente labrega. Tanto no Perú que se revolta contra a privatización do Común coma na Galiza gandeira que protesta contra políticas aniquiladoras de toda autonomía, de toda soberanía, de todo espazo de liberdade fóra dos tentáculos do capital multinacional.
Esta é a nova irmandade, non a dos líderes iluminados posuidores de todas as respostas, senón a das multitudes anónimas, fartas de adorar santos, que ocupan as rúas con tractores ou con machetes e os andeis con intelixencia.


Na imaxe: retrato de Thomas Müntzer.

5 comentários:

toni disse...

compartindo a tese –máis emocionalmente que outra cousa– do último parágrafo, iso si, enfático, pouco 'anónimo' digamos, non sei, hai algo en todas estas revoltas non revolucionario, dende logo. non se trata de que non sexan lidos, non, pero hai un cheiro chungo ao lado doutros moi edificantes. polo momento, non podo explicalo mellor.

O Fuco disse...

Supoño que se te referirás ao tan criticado espontaneismo ou, á enfermidade infantil do comunismo que era, segundo Lenin, o esquerdismo. E se cadra é certo pero... acaso foi mellor o conseguido polos partidos vangarda? Cómpre buscar camiños aínda que non leven a ningures. O importante é camiñar.

toni disse...

ey, non non, claro, a favor, sempre. a favor de tirar a pedra sempre. falaba máis ben de preguntatrse logo porqué (case mellor logo que antes) ou articulalo mellor ou uhm –isto vai soar reaccionario– non estou certo que estes obreiros e sindicalistas busquen outra cousa que non sexa a súa parte do pastel. dito sexa dende a miña confortablemente obscena posición burguesa, of course.

toni disse...

estou tratando de argumentar o meu pequeno campo de dúbidas. ínfimo, comparado con todo o que teño a favor.

creo que non me explico nada ben

O Fuco disse...

Tranquilo, se o teu campo de dúbidas é pequeno estás mellor ca min. O meu campo de dúbidas é inmenso, pero...isto é o que hai.
Concordo en que o sndicalismo case que sempre quere a súa parte do pastel (e non algo reprochable), o que sucede é que hai sectores (poñamos por caso o dos pequenos gandeiros) nos que xa non hai pastel. Estes están a reivindicar a súa mera existencia como sector económico. As multinacionais chuchan tanto do pastel que xa non deixan nin faragullas que reclamar. De aí que a reivindicación dos gandeiros estea tan conectada coas loitas de xente doutros lugares do mundo aos que a globalización lles está impedindo, non xa subir un par de puntos porcentuais o seu salario, senón simplemente vivir cun mínimo de dignidade do seu traballo.