Outro mundo
Dicía Marx que a historia sempre se repite pero en forma de farsa. Se no outubro de 1917 a revolución bolchevique conseguiu por primeira vez que unha sublevación verdadeiramente popular tomase o poder, no maio de 1968, un grupo de universitarios politizados puxeron temporalmente en xaque ao estado francés mediante unha minirevolta estilizada e tan cinematográfica –lembro agora The Dreamers de Bertolucci– que a mesma clase obreira a emancipar non acreditou o suficiente na película e, tras manter pechadas as fábricas durante algunhas xornadas de folga, regresou docilmente ao traballo a cambio de esmolas en forma de avances sociais. Paradóxicamente, moitos daqueles enragés de campus forman hoxe en día parte da intelligentsia rectora dun mundo que debería ser outro.
Lin hai pouco o libriño de Susan George titulado co esperanzador eslogan dos movementos antiglobalización (globalización mal entendida diría a autora) e deixando aparte o boismo levemente socialdemócrata que desprega nalgún que outro momento, pareceume unha maneira acertada de facer pedagoxía para explicar por que na actualidade algunha das loitas da esquerda consisten en algo tan áspero e tan pouco romántico como pular por establecer unha taxa planetaria que grave as transaccións financieiras.
George transmítenos que outro mundo é posible, e hoxe en Pontevedra (dentro do ciclo de conferencias Pobre Mundo Rico) Carlos Taibo lembrounos tamén –sen ánimo desmobilizador– a faciana menos esperanzadora: Outro mundo peor é probable.
Son de agradecer discursos nos que se volva falar do que Marx sempre falaba: A ruína que supón para a humanidade a economía capitalista. Que se volva falar de clases sociais, de dereitos laborais, de crítica ao sistema de partidos ou de crítica aos sindicatos tradicionais, e que se faga sen desbotar os novos temas cruciais, coma o medio ambiente ou a suba dos prezos das enerxías, temas que, como apuntou o profesor, obrigarán aos habitantes satisfeitos (uns mais que outros) deste primeiro mundo, a encarar e a buscar solucións de raíz ás inxustizas que asolan o planeta.
Segundo sintetiza Taibo, o que procura a globalización capitalista é construir mediante desregulacións un paraíso fiscal global. A única receita válida coa que contamos para combater este espurio desexo é aplicar a metáfora dos liliputienses: que cada un actúe coa súa cordiña ata conseguirmos inmobilizar por completo ao xigante Gulliver.
Volvemos con agrado a estes temas, e facémolo tratando de superar a enfermidade posmoderna que ou ben tingue de falso compromiso á loita política (a farsa da historia) ou ben provoca un cinismo paralizante.
Porque se hai algo que deberiamos empezar a ter claro é que cando o diñeiro está no paraíso as persoas estamos no inferno.