12/11/2007

Esferas

No libro Otras inquisiciones, 1952 Jorge Luis Borges escribe un relato titulado La esfera de Pascal que comeza, conseguindo introducirnos de cheo no tema, coa seguinte frase: Quizá la historial universal es la historia de unas cuantas metáforas.
A seguir, Borges fai un repaso á persistencia da metáfora Deus-natureza-mundo como esfera desde os tempos dos gregos, pasando polo medievo até o século XVII do matemático e teólogo Blaise Pascal.
Segundo conta Borges, foi o presocrático Xenófanes o primeiro que, farto dos deuses de rasgos antropomórficos, propuxo que Deus era un con forma de esfera eterna. A finais do século XII, Alain de Lille, retoma a idea sintetizándoa na frase: “Deus é unha esfera intelixible cuxo centro está en todas partes e a circunferencia en ningunha”. Conta Borges como durante 1400 anos a astronomía ptolemaica foi o paradigma polo que se guiaron os homes e como, até a chegada da revolución copernicana, a terra era unha esfera inmóbil en torno da que xiraban nove esferas concéntricas. Tras a ruptura copernicana, Giordano Bruno secularizou a frase de Alain de Lille reformulándoa como segue: “Podemos afirmar con certeza que o universo é todo centro, ou que o centro do universo está en todas partes e a circunferencia en ningunha”. Di Borges que el espacio absoluto que había sido una liberación para o renacentista Bruno, converteuse no pesimista século XVII nun laberinto y un abismo, así, prosegue o arxentino, Pascal sintió el peso incesante del mundo físico, sintió vértigo, miedo y soledad, y los puso en otras palabras: “La naturaleza es una esfera infinita (sostén Borges que no manuscrito orixinal Pascal escribiu esfera espantosa)
cuyo centro está en todas partes y la circunferencia en ninguna”.
Veño de ler En el mundo interior del capital. Para una teoría filosófica de la globalización o último libro de Peter Sloterdijk. Despois de ter publicado varios volumes titulados Esferas I Esferas II e Esferas III, o alemán aborda agora o estudo do que hoxe chamamos globalización. Para Sloterdijk, a descuberta de América (naturalmente isto só puido suceder despois de Copérnico) marca o inicio do proceso globalizador. Así, tras facer o seu propio repaso do concepto de esfera desde a Grecia antiga até os nosos días, Sloterdijk expón a súa principal tese: o proceso globalizador iniciado coas circunnavegacións do planeta por parte de españois e portugueses –o que el chama o unilateralismo europeo– isto é, a capacidade dunha parte do planeta para tomar a iniciativa e impor a súa visión do mundo ao resto dos pobos (a apoteose sería o imperialismo do sXIX) rematou, polo que, ao momento actual, cómpre máis definilo co termo de Era Global acuñado por Martin Albrow. Este mundo sincrónico que Sloterdijk sustancia empregando a metáfora do Pazo de Cristal (o edificio abovedado que impresionou os visitantes da exposición universal de Londres e o mesmísimo Dovstoievski) é o lugar onde a sociedade se converte nun obxecto de exposición ante si mesma; ou dito doutro xeito, o lugar onde o exterior é absorbido por un interior que conforma un recinto esférico pechado, regrado e planificado. A xeralización das telecomunicacións contribuirían a crear un mundo denso –onde o choque é cada vez máis probable– e polo tanto un mundo máis inhibido, onde o global e o local, por mor deste estreitamento do espazo, tenderían a confundirse e onde as accións do terrorismo global, non serían máis que restos ou deshinibicións secundarias imitativas daqueles xestos autenticamente deshinibidos que posuían os mariñeiros dos séculos XV-XVI cando aínda era posible encarar (porque aínda existía) ese exterior ignoto máis alá da liña de horizonte do mar. Xestos baleiros duns terroristas globais que non serían máis que provedores de contidos –eles teñen o monopolio da violencia real no mundo do espectáculo– para os medios de comunicación, nunha sociedade que xa aprendeu a convivir e a aceptar a existencia do terror.
Nesta realidade uterina teorizada por Sloterdijk (tan pesimista coma o século XVII) onde suceden tantas cousas que non sucede nada, sería o capitalismo –substituto de Deus e da natureza– co seu incontrolable desprazamento planetario polos mercados finaceiros, a verdadeira esfera espantosa que abraiaba a Pascal cuxo centro está en todas partes e a circunferencia en ningunha; o labirinto e abismo que provoca vertixe, medo e soidade. Porque, como ben suxire Borges na derradeira frase do relato: Quizá la historia universal es la historia de la diversa entonación de algunas metáforas.

3 comentários:

miriño disse...
Este comentário foi removido pelo autor.
miriño disse...

Unha esfera co centro en todas partes. Isto só quere dicir que o centro é unha esfera en si mesmo.

Unha esfera con radio infinito. Pódese pensar que o centro está en todas partes ou que está a unha distancia infinita de onde estamos nós situados.

A esfera eterna non é a infinita. A eterna existe desde sempre a infinita, simplemente non é unha esfera. Unha esfera é esfera cando está limitada. Doutra maneira é calquera cousa.

Ideas e máis ideas para non admitir que non somos o centro do universo.

Tamén podemos, ou poderíamos, sentirnos na superficie da esfera, na periferia infinita do universo, do mesmo modo que habitamos na superficie da esfera (aproximadamente) da terra.

Falar de capitalismo a estes niveis tan simbólicos e de globalización con estas metáforas déixame un pouco baleiro. Quédome coas diferentes entonacións, polo ben que sona. (E porque é aí onde estou sempre... non si?).

A globalización, coma o populismo, non é mala en si mesma. Tan só ten que estar (ou ser) ben pensada.

Na era da información, a desinformación invádeo todo. Tanta é a información, tantas son as cousas que ocorren, que non hai máis que desinformación. Ou o que é ben peor, mala información.

freefun0616 disse...

酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店經紀,
酒店打工經紀,
制服酒店工作,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
酒店經紀,

,