tag:blogger.com,1999:blog-2489127080722091075.post5963453358240839978..comments2023-11-05T09:52:40.626+01:00Comments on O Funambulista Coxo: Slavoj Žižek e nós (ou por que estamos a perder a batalla do idioma)O Fucohttp://www.blogger.com/profile/14526626684616983628noreply@blogger.comBlogger13125tag:blogger.com,1999:blog-2489127080722091075.post-5151265218910059762009-05-31T22:48:41.321+02:002009-05-31T22:48:41.321+02:00De acordo que hai vida fora da UPG e do BNG que, a...De acordo que hai vida fora da UPG e do BNG que, a fin de contas, é, son "La Voz de su amo". O mesmo amo. Tamén de acordo en gobernar a nosa casa. Pro, como ben sabes, importar, importa todo o relativo ao MNG movemento nacionalista galego. Inclusive aptitudes, comportamentos e accións do PP ou PSOE referentes a Galiza tanto dende España como dende Europa.
Xustamente, a miña teima é se estamos a tempo-e penso que si, coidando na relatividade de íste-de plantexarlle ao POVO, ao noso povo, outra alternativa críbel e capaz de voltarlle ou tornarlle a auto-estima; e ser capaces de facer que os partidos españolistas e entorno, se axeonllen unha miga ao tempo que lle abrimos os ollos aos que non vein ou non queren; e ao mesmo tempo, que é o importante, facerlle ver ao nacionalismo representado hoxe polo BNG; nacionalismo que actúa de caracol sacando e escondendo os cornos, ora si ora non, pasando da marxinalidade laiante emixiriqueira ao cenario glamouroso, segundo os propios intereses xerárquicos.
Importa tanto rexenerar un novo discurso (teorizar) nacionalista e de esquerdas-dentro ou fora do BNG; como, outramentes e asemade, poñer en descoberto, sacar a mascarada do envoltorio que quere tapar a realidade do noso País. A nosa castración secular. Non se trata, porén, de tanta pédrica. Trátase de pasar a acción en termos realistas e intelixentes. E non me refiro á acción militar senón a militante. E non me refiro tanto a isa militancia orgánica, partidista ou mesmo burocrática dos partidos convencionais; senón coanto á militancia de irmandade, de saberse parte dun Povo e dunha Nación que necesita dos seus membros, aqueis que posúen conciencia hestórica e están dispostos a dar a cara e non agachar a orella ante os aldraxes externos e internos baixo sombreiros, e non vai polo de Beiras, duns comportamentos intelectualoides e pasotas, os de poñer a man a troques do que sexa outorgando e calando.Henriquehttps://www.blogger.com/profile/06183285917803972833noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-2489127080722091075.post-43614749463527175522009-05-30T14:22:36.068+02:002009-05-30T14:22:36.068+02:00Xosé Dorrio, efectivamente a política do PP é cont...Xosé Dorrio, efectivamente a política do PP é contraria aos intereses da maioría dos galegos/as, e creo que o nacionalismo e incluso certa esquerda estatal leva decenios dicíndoo. Pero é evidente que apelando só a máximas que nós vemos totalmente lóxicas e racionais non conseguimos convencer. Debemos buscar outras formas de comunicar.

Henrique, afortunadamente o mundo non acaba na UPG; polo tanto gobernemos a nosa casa que a deles nada nos importa.O Fucohttps://www.blogger.com/profile/14526626684616983628noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-2489127080722091075.post-52272036581208715662009-05-30T13:00:18.722+02:002009-05-30T13:00:18.722+02:00Na custión da lingua o primeiro é ter craro o noso...Na custión da lingua o primeiro é ter craro o noso enclave no Estado Español e a nosa situación socioeconmica con repecto a íste.
Bon, ao morrer o dictador, e xa dinantes, ao meu ver, houbo un moi mal enfoque nas extratexias de de recuperar a identidade de galiza: lingua e nacción; e asemade, facer que tais extratexias entrasen ou calasen no cerne ou fulcro do pobo.
A UPG fixo muito mal no fornecemento dun sentimento nacional; e iso repercutiu na lingua, a súa implantación, e en todos os demais eidos que conforman o ser dun povo.
Explícome: a UPG creou e criou, está a criar ainda, unha secta baseada nuns presupostos ideolóxicos stalinistas antepoñendo o control total do "aparato" ao o medre da organización na pluralidade.Para isto, e sei o que digo, crearonse cadros con rapaces e rapazas procedentes do "espiritu nacional español" turcandolles os valores por unha visión de Galiza doctinal,dogmática; e xa que logo excluinte.
Non aceptaban a cosmovisión, só se ollaban o ombigo,e moito menos permitían ou aceptaban o contraste ou a discusión no plano ideolóxico. Íles, con nome e apelidos eran deuses.
Moito mal lle fixeron ao avance, e lle está a facer porque non trocaron,do nacionalismo galego con todo o seu Pakt.
Íste tipo de nacionalismo representativo é xustamente o que lle vai moi ben a Direita e Esquerda españolistas; porén, en certo xeito, tratan de alimentalo: madialeva.
Temos pois que en vez de facer unha organización de cara ao povo, e que fose por íste admitido fíxose todo ao contrario.
E nista andamos. resulta que istos "proceres" que ainda están a dirixir o cotarro, veleí que até inventaron un xeito mol de falar estúpido e repelente que vai máis aló do que di Ferrín que din I en ves de E.
É como os que levan o "mexar torto" e son recoñecidos polo andar.
Nista tesitura, e conclúo,se moven os Pacos Rodriguez e algúns máis.
Decía a miña aboa que "fala mol en corpo sano lévecho o diaño".Ora, nós tampoco somos iñocentes, refírome aos que temos outra visión e outras extratexias. Por uhna banda deixámonos engaiolar por íles, e pola outra fatonos coraxe e carraxe para desmontarlles "o chiringuito". Mais nunca é tarde...Henriquehttps://www.blogger.com/profile/06183285917803972833noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-2489127080722091075.post-52811570812720150862009-05-25T17:05:01.344+02:002009-05-25T17:05:01.344+02:00Robert Harris di en Imperium e en boca de Ciceron ...Robert Harris di en Imperium e en boca de Ciceron que "o maior problema de calquera estadista consiste enpermitir que os seus compatriotas sospeiten que pon os intereses dos estranxeiros por encima dos do seu propio pobo".

Esa é outra das mensaxes que hai trasladar a sociedade e, como ben dis, sen necesidade de mentir, que o Sr. Feijóo pon por diante os intereses de fora de Galicia por encima dos propios. Sobran exemplos.xOsedorriohttps://www.blogger.com/profile/16414561569370717292noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-2489127080722091075.post-80100835720261051992009-05-24T22:46:54.521+02:002009-05-24T22:46:54.521+02:00Sempre a direita e os poderes d reacçom se apropri...Sempre a direita e os poderes d reacçom se apropriárom da linguage da esquerda para atacar os direitos sociais e colectivos dos povos nom é, portanto, GB e o espanholismo nengumha excepçom. A linguage é-o todo e aqui entre eufemismo e eufemismo, como atinadamente o Vicente Romano tem analisado, estám a criar a neo-língua da que se falava em "1984".
Por outra banda, os conceptos de "libertad de elección" nom vam além de aplicar os dogmas do neoliberalismo, plenamente metidinho nas cabeças alienadas de grande parte da sociedade, ao terreio da língua... como diziam um paisano da minha terra "é-che todo umha cadena"AFPhttps://www.blogger.com/profile/00581981738055889200noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-2489127080722091075.post-30585724848458764662009-05-24T10:46:05.767+02:002009-05-24T10:46:05.767+02:00Concordo en que a idea de Segregación ou de Aparth...Concordo en que a idea de Segregación ou de Apartheid é potente. Nun post pasado falei dela e das súas ramificacións a outros aspectos da vida: http://ofunambulistacoxo.blogspot.com/2009/02/segregacions.htmlO Fucohttps://www.blogger.com/profile/14526626684616983628noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-2489127080722091075.post-33479900018139954302009-05-24T10:26:58.457+02:002009-05-24T10:26:58.457+02:00Aí vai o primeiro "segregación" ou "non a segregac...Aí vai o primeiro "segregación" ou "non a segregación nas aulas" está é unha idea (encuadre, frame) que hai que empezar a introducir na linguaxe cotiá é que seguro que vai calando...Anonymoushttps://www.blogger.com/profile/02472451089603944829noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-2489127080722091075.post-15260796434169814592009-05-21T23:08:30.255+02:002009-05-21T23:08:30.255+02:00Folerpas, a cuestión que plantexas é importante e ...Folerpas, a cuestión que plantexas é importante e ben complicada. Pero creo que, para a nosa desgraza, o noso país aínda está, no que toca á lingua, nunha etapa anterior. Na miña opinión aínda necesitamos construír un discurso (facer visible quen oprime a quen e como) do idioma para a xente que sinte simpatía polo galego pero que non ten ou consciencia, ou ganas ou simplemente tempo para pararse neste tema. Temos que procurar entre todos argumentos concretos e irrefutables que poidan comprender e espallar eficazmente "os nosos" (na rúa, no traballo, no super, etc.). Ás veces damos moi por sentado que todo o mundo manexa termos coma a diglosia ou a substitución lingüística, e iso non é así.(Ademais de que con ese tipo de linguaxe non se convence a ninguén que non sexa filólogo). Unha vez consigamos "introducir" un "argumentario" sinxelo pero convincente entre "os nosos", a capacidade de defensa medrará e isto (por que non ser optimista) debería acabar notándose nos ocos que deixen os grandes medios.O Fucohttps://www.blogger.com/profile/14526626684616983628noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-2489127080722091075.post-123270894070659392009-05-21T19:11:42.482+02:002009-05-21T19:11:42.482+02:00Parabéns Fuco, ese intelixente carreiro do que fal...Parabéns Fuco, ese intelixente carreiro do que falas é o que debemso tomar. Mais en toda a reflexión vexo un problema: a súa versión falsa e distorsionada callou porque os grandes medios fixeron de altofalentes, a nosa verdadeade real e concreta onde vai callar?folerpahttps://www.blogger.com/profile/11381443752095678603noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-2489127080722091075.post-30505108358843476502009-05-21T17:05:28.806+02:002009-05-21T17:05:28.806+02:00Algo ten que ver cos frames de Lakoff. Pero éste f...Algo ten que ver cos frames de Lakoff. Pero éste falaba dunha ideoloxía progresista debedora do pai protector e doutra reaccionaria debedora do pai autoritario que condicionarían o xeito en que cada un de nós analiza a realidade en función de cal dos dous modelos preponderase na nosa biografía. Zizek, en troques, fala de ideas utópicas positivas maioritarias no común das persoas, e de como a dereita tenta sempre encher eses anhelos liberadores co seu sesgo particular. En todo caso tanto un coma o outro poñen de relevo, a diferenza do marxismo clásico, o papel senlleiro da Ideoloxía coma un outro motor da historia a ter en conta.O Fucohttps://www.blogger.com/profile/14526626684616983628noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-2489127080722091075.post-35280304324891715592009-05-21T00:53:26.187+02:002009-05-21T00:53:26.187+02:00Lémbrame vostedo moito os argumentos do señor Lako...Lémbrame vostedo moito os argumentos do señor Lakoff en aquel libro "Non penses nun elefante", si, estratéxicamente falando, claro.Ana Bandehttps://www.blogger.com/profile/17895409666308940416noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-2489127080722091075.post-72148308662626729532009-05-17T23:30:00.000+02:002009-05-17T23:30:00.000+02:00Moitas grazas.Moitas grazas.O Fucohttps://www.blogger.com/profile/14526626684616983628noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-2489127080722091075.post-21414107764034521222009-05-16T16:33:00.000+02:002009-05-16T16:33:00.000+02:00Apaixoante artigo. ParabénsApaixoante artigo. ParabénsDanilohttps://www.blogger.com/profile/15373009438705440335noreply@blogger.com