tag:blogger.com,1999:blog-2489127080722091075.post2300370535370204843..comments2023-11-05T09:52:40.626+01:00Comments on O Funambulista Coxo: O nacionalismo galego e Democracia Real Xa! (ou de como escollín un mal momento para deixar o blog)O Fucohttp://www.blogger.com/profile/14526626684616983628noreply@blogger.comBlogger4125tag:blogger.com,1999:blog-2489127080722091075.post-699390636264602782011-05-20T02:18:39.574+02:002011-05-20T02:18:39.574+02:00Completamente dacordo!
Afastarse das prazas porqu...Completamente dacordo!

Afastarse das prazas porque non se le ou non se escoita ou non se reivindica en galego é non entender nada. Falarase no idioma da xente que participe e poñer por diante unha reivindicación nacionalista como condición para entrar fai que se aillen aínda máis pensamentos que en nada ou moi pouco se diferencian.

Aparecía esta tarde no twitter: "Disque hai xente que leva anos sen limpar o cu agardando que etiqueten o papel hixiénico en galego"

Pois iso.miriñohttps://www.blogger.com/profile/06017472874070916052noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-2489127080722091075.post-71363884984862080882011-05-20T01:48:16.225+02:002011-05-20T01:48:16.225+02:00Todo suma. Podería ser o xérmolo dunha democracia ...Todo suma. Podería ser o xérmolo dunha democracia directa onde tivera cabida o soberanismo. O documento inicial ven de Madrid, pero, o documento que se enviará finalmente non está redactado, de forma que o tema que atinxe á reforma da lei electoral está por debatir. Neste punto,é imprescindible que dende Galiza, Euskadi e Cataluña se modifique o texto orixinal, dada a existencia de distintas nacións dentro do Estado.
O feito de que sexa xente nova quen se mobilice é un motivo para alegrarse, sabendo ademais que non todos son ignorantes nin alleos a determinadas formas de activismo. Por outra banda, as novas tecnoloxías son unha ferramenta máis.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-2489127080722091075.post-66553088601603891062011-05-20T00:36:35.746+02:002011-05-20T00:36:35.746+02:00Menos samba e mais traballar.Menos samba e mais traballar.Mónicahttps://www.blogger.com/profile/10543658224246683515noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-2489127080722091075.post-90737753993471604742011-05-19T23:07:42.255+02:002011-05-19T23:07:42.255+02:00Coma sempre, a súa lucidez abráiame!!!
Eu levo de...Coma sempre, a súa lucidez abráiame!!!

Eu levo desconfiando desta historia dende o seu nacemento no facebook, temíame unha versión amable para pasear polas rúas certas liñas de pensamento próximas a un populismo de dereitas que dispara contra a democracia e obvia a peza maior -o capitalismo- nas súas andanadas. Temíame unha mestura de simpatizantes de UPyD con xente procedente do ecoloxismo, dos "estilos de vida alternativos" e de cousas polo estilo. Esperaba un fato de amigos do "gústame" como todo bagaxe político -coma se o meu fose siquera algo mellor- e unha especie de versión ultralight da multitude resistente de Toni Negri.

Unha vez máis, claro, equivoqueime, creo.

A miña sorpresa é atopar que nesas acampadas están a facerse discursos que cuestionan o marco no cal teñen lugar os discursos. Están a facerse cousas que, sobre a marcha, cuestionan os lugares comúns do asamblearismo e do activismo. Hai xente falando con xente na rúa, acampada no centro das cidades.

Eu nunca fixen algo así.

Sigo a ter mil obxeccións, claro, en especial no que se refire á mestura de xente supostamente que se declara "traballadora, normal, sen ideoloxías" coa xente altamente politizada que semella levar a voz cantante.

Pero o máis importante é a rotura desa arañeira que son os argumentos racionais para non facer "algo". Ese instante no cal o nú gordiano é cortado sen saber que acontecerá a continuación.

E, coma sempre, fascinado polo enfrontamento entre o devenir-acontecemento e a reificación do ser (meu mantra nos últimos tempos). Veremos que vai pasar, esta vez é posible que non estar aí sexa un erro dos gordos.

Apertas!!!Eloyhttps://www.blogger.com/profile/16929593121316451372noreply@blogger.com