4/18/2012

A insoportable levidade das alternativas ao caos


Pois cada día semella máis evidente que aquilo do caos sistémico do que tanto levan escrito Inmanuel Wallerstein e Giovani Arrighi (e que Xosé Manuel Beiras popularizou entre nós) non ía desencamiñado. Aínda que eles falaban do caos macro que provoca a crise de hexemonía da potencia americana nun momento no que novas hexemonías están a conformarse pero aínda se atopan nunha fase inmatura, este caos sistémico macro parece ter tamén as súa réplicas noutros niveis micro. Continuar a ler aquí.

4/17/2012

Por unha democracia radical


Por uma democracia radical. Vozes subalternas contra o estado de exceção, así se titula este conxunto de dez traballos de autoría diversa (máis unha introdución a cargo da editora) que dificilmente podería ver a luz nun contexto máis acaído que o do presente no que somos convidados, a diario, a aceptarmos mansamente políticas que repugnan ás maiorías sociais baixo a excusa de se trataren de "medidas excepcionais". Unha excepcionalidade, sobra dicilo, que, salvo que fagamos algo para evitalo, chegou aquí para ficar e para constituírse en regra. A miña contribución titúlase Crise capitalista, hexemonía e futuro da esquerda. A edición, de preciosa portada por certo, é de Estaleiro.

4/03/2012

Folga xeral, liberdade e democracia


Confeso que o título deste artigo é un plaxio. Roberto Blanco Valdés titulou de igual xeito un artigo seu o día despois da folga xeral do 29 de marzo. Copiei con todo descaro ao columnista estrela de La Voz de Galicia, basicamente, porque expresa, nun medio con gran influencia social e institucional neste país —que ademais se mantén en pé coas subvencións pagadas cos cartos de todos os galegos e galegas (tamén os meus)— algunhas opinións aborrecidamente recorrentes na prensa da dereita (o que equivale a dicir a case totalidade da prensa) sobre conceptos demasiado valiosos —democracia, liberdade— como para permitirmos que os baleiren de contido e os terxiversen ao seu antollo. Continuar a ler aquí