
O discurso ideolóxico dominante nun período determinado sempre tarda en ser obxectivado, comprendido e criticado polo groso da sociedade. Se cadra, mesmo se podería dicir que, infelizmente, ese discurso comeza a ser comprendido xusto momento en que deixa de ser imprescindible para os que detentan o poder. Un bo termómetro do grao de identificación popular dun construto ideolóxico dado ofrécenolo a cultura de masas: a música, a literatura, o cine, etc., pois esta rara vez aborda temas que o gran público non estea, xa de antemán, preparado para comprender. Continúa a ler aquí.

Ao mesmo tempo que a cidade de Atenas, o berce da democracia que hoxe agoniza, o berce tamén do republicanismo, ardía en protesta contra a barbarie do fascismo financeiro, o Encontro Irmandiño celebraba unha asemblea aberta para tomar unha decisión histórica: se debía continuar dentro do BNG ou se cumpría abandonalo para crear unha nova ferramenta política válida para afrontar os duros tempos que está a vivir un país que, coma o noso, xa non se pode pensar máis de xeito illado a respecto do que sucede no mundo. Pois a globalización está aquí e as súas consecuencias están a impregnar cada recuncho do planeta, incluído este no que habitamos. Continúa a ler aquí

Até o 25 de febreiro pódese visitar no CGAC unha retrospectiva da obra de Jeff Wall. Cita á que paga a pena acudir tanto polo traballo deste fotógrafo como polo dos creadores cos que dialoga en cada espazo do museo ―dicir que na exposición hai obra da flor e a nata da historia da fotografía. O nome da mostra é O sendeiro sinuoso, título, á súa vez, dunha das fotos incluídas na mesma. A imaxe mostra un deses farrapos verdes que quedan nas cidades entre predio e predio, entre estrada e estrada, un non-lugar de paso, unha paisaxe-cyborg (medio natural, medio artificial) na que o sentido práctico da xente e a erosión dun fluxo continuo de pisadas trazou, gastando a herba, un caminiño que nunca aparecerá nos mapas oficiais pero que, se cadra, une máis que moitas autoestradas. Nas palabras de Wall: "É un camiño feito polos seus usuarios, sen plan preestablecido, para facer algo que a administración habitual non puido ou non quixo facer, de modo que hai un indicio de desobediencia ou de independencia: a xente pode facer cousas que non podemos prever." (continúa lendo aquí)