«Cando un comeza confundindo Capitalismo e Ilustración, nunca máis se reconcilia coa Ilustración –ou reconcíliase avesamente e coa boca pequena, como algúns esquerdistas pasados ao neoliberalismo, hoxe.»
Antoni Domènech
Publicaba hai uns días o diario El País un artigo dun dos seus novos e flamantes colaboradores internacionais: Bernard-Henry Lévy. No mesmo, este gurú da nova dereita francesa de pensamento forte e pasado vermello (semellante a moitos dos seus émulos da prensa madrileñista) recoñecía que metera a zoca ao citar, nun dos seus exitosos ensaios, ao inexistente escritor Jean-Baptiste Botul e ao seu inexistente libro (de título prometedor, cómpre dicilo) A vida sexual de Inmanuel Kant.
Unha vez zanxado este tema, Henry Lévy procedía, no que restaba de artigo, a fustigar ao Novo Partido Anticapitalista francés por ter aceptado como militante a unha moza adobiada con veo; tema que retomaría noutro artigo posterior co gallo da chamada lei anti-burka impulsada polo goberno Sarkozy. Moito daría de si comentar por que precisamente nun momento histórico de crise do neoliberalismo, o xornal El País presta tanta –e non sempre benintencionada– atención a todo o que sone anticapitalista (dos supostos excesos bolivariáns a calquera investigación histórica sobre as atrocidades soviéticas pasando pola insistencia, tamén noutras reportaxes, deste asunto do veo e o NPA). Tamén daría para moito discutir se un partido de esquerdas debe ou non aceptar que unha militante vista veo. Ao meu ver, máis grave que levar veo –prenda cuxo significado pode mudar segundo o momento e o contexto– é a condición de crente islámica da que fai gala a moza en cuestión. Pero o que pretendía eu neste artigo era chamar a atención a un fenómeno que, cando nos atopamos ante personaxes coma Bernard-Henry Lévy, resulta rechamante: a dereita –case que sempre con fins espúreos, case que sempre para deformalo e case que sempre de xeito oportunista– é a única que parece seguir reinvindicando sen complexos (véxase senón a apropiación por parte da ala aguirrista do PP do liberalismo do XIX ou o igualitarismo republicano reenmarcado en ideoloxía antiperiférica polos intelectuais próximos a UPyD) o discurso ilustrado. Iso si, a dereita tampouco ten reparos en usar vías posmodernas cando cre que lle resultan útiles (a este respecto véxase con que tipo de argumentos se cuestionan as evidencias científicas do quecemento global). Ou mesmo en crear experimentos eclécticos como o movemento Tea party, de moda nos EEUU, que ten entre os seus partidarios tanto a reivindicadores da revolución americana –antecedente da francesa– coma do discurso pseudocientífico do deseño intelixente (forma refinada de creacionismo, tamén defendida, por certo, polo novo bispo de Donostia monseñor Munilla).
A revelación do engano por parte de Sokal causou tal rebumbio que este decidiu publicar un libro titulado Imposturas intelectuais para explicar o por que do seu proceder. Pasado xa bastante tempo desde entón, Sokal volve á carga co libro Alén das imposturas intelectuais. Ciencia, filosofía e cultura para recordar o caso Social Text e para compartir as súas reflexións arredor das implicacións sociais e políticas parellas ao abandono, por parte de certa esquerda académica, dunha visión científica do mundo.
«Actualmente, en moitos ámbitos –dinos Sokal– dáse por suposto que todos os feitos están “construídos socialmente”, as teorías científicas son meros “mitos” ou “narracións”, os debates científicos resólvense mediante a “retórica” e a “formación de coalicións”, e a verdade é sinónimo de acordo intersubxectivo.»
Este clima revolto a respecto do coñecemento científico é debido, segundo o autor, á mestura caótica, nas discusións sobre o tema, de cinco cuestións diferentes:
«1.Ontoloxía: Que obxectos existen no mundo? Cales dos enunciados acerca de ditos obxectos son verdadeiros?
2. Epistemoloxía: Como poden os seres humanos chegar a ter coñecemento de verdades acerca do mundo? Como poden medir o grao de fiabilidade de dito coñecemento?
3. Socioloxía do coñecemento: En que medida as verdades coñecidas (ou cognoscibles) polos humanos pertencentes a unha determinada sociedade están influídas (ou determinadas) por factores sociais, económicos, políticos, culturais e ideolóxicos? Pregunta que vale tamén para os enunciados falsos erroneamente considerados verdadeiros.
4. Ética individual: Que tipo de investigación debería un científico emprender (ou negarse a emprender)?
5. Ética social: Que tipos de investigación debería a sociedade estimular, subvencionar ou financiar con cargo ao erario público (ou, inversamente, desincentivar, gravar fiscalmente ou prohibir)?»
O emprego indiscriminado e cruzado de argumentos sobre cada unha destas cuestións independentes, tería levado, a dicir de Sokal, a unha situación de predominancia do que el chama relativismo cognitivo (relativismo de raíz que cuestiona as dúas primeiras das cinco cuestións: a existencia de obxectos fóra do suxeito e/ou a capacidade do suxeito para coñecer eses obxectos). Así, a renuncia da esquerda académica ao legado da Ilustración acabaría contribuíndo á emerxencia de todo tipo de «pseudociencias» e de «coñecementos locais» que en nada benefician ás clases populares. Fenómenos tan dispares coma o “tertulianismo” (ou a priorización do xornalismo de opinión en detrimento do xornalismo da información nos media), a pedagoxía á carta de movementos coma Galicia Bilingüe, a omnipresenza do pensamento relixioso en toda parte e as súas contínuas interferencias no ámbito político, o auxe das mediciñas “alternativas” coma novos bálsamos de Fierabrás ou a consideración dos problemas sociais coma simples desaxustes da psicoloxía individual, estarían intimamente ligados, entendo eu, a esta abdicación, por parte de certa esquerda, da consideración da ciencia como unha ferramenta útil para o pensamento crítico e a esta cesión gratuíta ao capitalismo da ciencia e das súas capacidades reais para mudar o mundo. Ademais, e como ben explica Sokal no seu libro, con esta actitude dáse soporte teórico a perigosos movementos políticos coma p.e. o nacionalismo hindú, cuxa pretensión de equiparar os Vedas coa tradición científica occidental só pode desembocar en supremacismo (o do pobo ao que foron revelados os Vedas) e atraso social.
«Que o suxeito individual chegue a ocupar o centro do escenario e interprete de novo o mundo desde si mesmo, é algo que se deduce en boa lóxica da economía e práctica política burguesas. Agora ben, canto máis se reduce o mundo a criterios subxectivos, máis rapidamente comeza este suxeito tan privilexiado a socavar as mesmas condicións obxectivas da súa propia posición de preeminencia. Canto máis extende o suxeito o seu dominio imperial sobre a realidade, máis relativiza ese terreo en función das súas necesidades e desexos. O que provoca que a sustancia do mundo se disolva na materia dos seus propios xuízos. E máis se erosiona deste modo calquera criterio obxectivo que permita medir a significación ou, incluso, a realidade da súa propia experiencia. O suxeito necesita saber que é supremamente valioso, pero non pode alcanzar este coñecemento se o seu propio solipsismo cancelou calquera escala desde a cal poida medirse ese valor.»
Así, para Eagleton, esta renuncia a toda idea de obxectividade acabaría dexenerando en solipsismo burgués e nun afastamento dos problemas reais da xente en favor de alambicadas teorías sen vocación práctica algunha que consideran á realidade un campo de pugna entre estéticas alternativas. Como consecuencia disto prodúcese unha mutación do papel que o intelectual de esquerdas cumpría na sociedade, mutación que acarreará as nefastas consecuencias que se describen, sintética e acaídamente, na cita de Noam Chomsky –recollida por Sokal no prefacio do seu libro– que reproduzo a seguir e coa que quero concluír por ser unha gráfica exposición do que está en xogo:
«Os intelectuais de esquerda tomaban parte activa na viva cultura da clase obreira. Algúns trataban de compensar o caracter de clase das institucións culturais mediante programas de formación para obreiros, ou escribindo libros de ampla difusión sobre matemáticas, ciencia e outros temas destinados ao grande público en xeral. Chama a atención que os seus homólogos da esquerda actual traten con frencuencia de privar aos traballadores desas ferramentas de emancipación, dicíndonos que o "proxecto Ilustrado" está morto, que debemos abandonar as "ilusións" depositadas na ciencia e na racionalidade: mensaxe que alegrará os corazóns dos poderosos, encantados de monopolizar eses instrumentos para o seu propio uso.»
Unha vez zanxado este tema, Henry Lévy procedía, no que restaba de artigo, a fustigar ao Novo Partido Anticapitalista francés por ter aceptado como militante a unha moza adobiada con veo; tema que retomaría noutro artigo posterior co gallo da chamada lei anti-burka impulsada polo goberno Sarkozy. Moito daría de si comentar por que precisamente nun momento histórico de crise do neoliberalismo, o xornal El País presta tanta –e non sempre benintencionada– atención a todo o que sone anticapitalista (dos supostos excesos bolivariáns a calquera investigación histórica sobre as atrocidades soviéticas pasando pola insistencia, tamén noutras reportaxes, deste asunto do veo e o NPA). Tamén daría para moito discutir se un partido de esquerdas debe ou non aceptar que unha militante vista veo. Ao meu ver, máis grave que levar veo –prenda cuxo significado pode mudar segundo o momento e o contexto– é a condición de crente islámica da que fai gala a moza en cuestión. Pero o que pretendía eu neste artigo era chamar a atención a un fenómeno que, cando nos atopamos ante personaxes coma Bernard-Henry Lévy, resulta rechamante: a dereita –case que sempre con fins espúreos, case que sempre para deformalo e case que sempre de xeito oportunista– é a única que parece seguir reinvindicando sen complexos (véxase senón a apropiación por parte da ala aguirrista do PP do liberalismo do XIX ou o igualitarismo republicano reenmarcado en ideoloxía antiperiférica polos intelectuais próximos a UPyD) o discurso ilustrado. Iso si, a dereita tampouco ten reparos en usar vías posmodernas cando cre que lle resultan útiles (a este respecto véxase con que tipo de argumentos se cuestionan as evidencias científicas do quecemento global). Ou mesmo en crear experimentos eclécticos como o movemento Tea party, de moda nos EEUU, que ten entre os seus partidarios tanto a reivindicadores da revolución americana –antecedente da francesa– coma do discurso pseudocientífico do deseño intelixente (forma refinada de creacionismo, tamén defendida, por certo, polo novo bispo de Donostia monseñor Munilla).
* * * * *
Do affair Lévy ao affair Sokal. En 1996 a prestixiosa revista de estudos culturais da Universidade de Duke Social Text tirou un artigo co enrevesado título de Transgredir as fronteiras: cara unha hermenéutica transformadora da gravedade cuántica. Alan Sokal, físico e matemático e autor do texto, pretendía demostrar ca súa publicación que no fragor da chamada «guerra das ciencias» todo valía –mesmo un artigo cheo de frases absurdas e de sensentidos– con tal de seguir cuestionando a posibilidade da idea de verdade. Co artigo queríase pór en evidencia, así mesmo, a falta de preparación de moitos dos teóricos posmodernos á hora de empregaren axeitadamente termos e conceptos científicos –como p.e. determinadas conclusións da física cuántica– nos seus ensaios antiilustrados.A revelación do engano por parte de Sokal causou tal rebumbio que este decidiu publicar un libro titulado Imposturas intelectuais para explicar o por que do seu proceder. Pasado xa bastante tempo desde entón, Sokal volve á carga co libro Alén das imposturas intelectuais. Ciencia, filosofía e cultura para recordar o caso Social Text e para compartir as súas reflexións arredor das implicacións sociais e políticas parellas ao abandono, por parte de certa esquerda académica, dunha visión científica do mundo.
«Actualmente, en moitos ámbitos –dinos Sokal– dáse por suposto que todos os feitos están “construídos socialmente”, as teorías científicas son meros “mitos” ou “narracións”, os debates científicos resólvense mediante a “retórica” e a “formación de coalicións”, e a verdade é sinónimo de acordo intersubxectivo.»
Este clima revolto a respecto do coñecemento científico é debido, segundo o autor, á mestura caótica, nas discusións sobre o tema, de cinco cuestións diferentes:
«1.Ontoloxía: Que obxectos existen no mundo? Cales dos enunciados acerca de ditos obxectos son verdadeiros?
2. Epistemoloxía: Como poden os seres humanos chegar a ter coñecemento de verdades acerca do mundo? Como poden medir o grao de fiabilidade de dito coñecemento?
3. Socioloxía do coñecemento: En que medida as verdades coñecidas (ou cognoscibles) polos humanos pertencentes a unha determinada sociedade están influídas (ou determinadas) por factores sociais, económicos, políticos, culturais e ideolóxicos? Pregunta que vale tamén para os enunciados falsos erroneamente considerados verdadeiros.
4. Ética individual: Que tipo de investigación debería un científico emprender (ou negarse a emprender)?
5. Ética social: Que tipos de investigación debería a sociedade estimular, subvencionar ou financiar con cargo ao erario público (ou, inversamente, desincentivar, gravar fiscalmente ou prohibir)?»
O emprego indiscriminado e cruzado de argumentos sobre cada unha destas cuestións independentes, tería levado, a dicir de Sokal, a unha situación de predominancia do que el chama relativismo cognitivo (relativismo de raíz que cuestiona as dúas primeiras das cinco cuestións: a existencia de obxectos fóra do suxeito e/ou a capacidade do suxeito para coñecer eses obxectos). Así, a renuncia da esquerda académica ao legado da Ilustración acabaría contribuíndo á emerxencia de todo tipo de «pseudociencias» e de «coñecementos locais» que en nada benefician ás clases populares. Fenómenos tan dispares coma o “tertulianismo” (ou a priorización do xornalismo de opinión en detrimento do xornalismo da información nos media), a pedagoxía á carta de movementos coma Galicia Bilingüe, a omnipresenza do pensamento relixioso en toda parte e as súas contínuas interferencias no ámbito político, o auxe das mediciñas “alternativas” coma novos bálsamos de Fierabrás ou a consideración dos problemas sociais coma simples desaxustes da psicoloxía individual, estarían intimamente ligados, entendo eu, a esta abdicación, por parte de certa esquerda, da consideración da ciencia como unha ferramenta útil para o pensamento crítico e a esta cesión gratuíta ao capitalismo da ciencia e das súas capacidades reais para mudar o mundo. Ademais, e como ben explica Sokal no seu libro, con esta actitude dáse soporte teórico a perigosos movementos políticos coma p.e. o nacionalismo hindú, cuxa pretensión de equiparar os Vedas coa tradición científica occidental só pode desembocar en supremacismo (o do pobo ao que foron revelados os Vedas) e atraso social.
* * * * *
Noutro libro que ando a ler estes días –A estética como ideoloxía– Terry Eagleton tamén reflexiona sobre a orixe e as consecuencias desta subxectivización da realidade denunciada por Sokal:«Que o suxeito individual chegue a ocupar o centro do escenario e interprete de novo o mundo desde si mesmo, é algo que se deduce en boa lóxica da economía e práctica política burguesas. Agora ben, canto máis se reduce o mundo a criterios subxectivos, máis rapidamente comeza este suxeito tan privilexiado a socavar as mesmas condicións obxectivas da súa propia posición de preeminencia. Canto máis extende o suxeito o seu dominio imperial sobre a realidade, máis relativiza ese terreo en función das súas necesidades e desexos. O que provoca que a sustancia do mundo se disolva na materia dos seus propios xuízos. E máis se erosiona deste modo calquera criterio obxectivo que permita medir a significación ou, incluso, a realidade da súa propia experiencia. O suxeito necesita saber que é supremamente valioso, pero non pode alcanzar este coñecemento se o seu propio solipsismo cancelou calquera escala desde a cal poida medirse ese valor.»